luns, 24 de abril de 2017

AS FESTAS DE SAN CIBRÁN

     Todos os anos facemos a festa de San Cibran que este ano cadrou nos dias 16 e 17 de abril.
     O día 16 fixemos o pecorrido co santo pasando por diante das casas dos veciños dende a rotonda do Marco, de 9:00 ata as 13:30 h., e rematamos na fonte de Lusquiños. Pola tarde saímos da fonte de Tomeza ata a festa, de 14:30 ata as 21:30 h.
     O día 17 hai unha misa e ao rematar hai uhna procesión e as 18:00 hai outra misa. No recinto da festa hai un bar e un mirador; e hai unha rampla, e como puxen mal o pe, caín; pero non me manquei.
Tamén tirei unha "bomba fétida" no mirador e cheiraba mal...
     A festa acabou as 3:00 h., pero eu marchei á unha, e parei a beber auga na fonte e sabía a terra.



Resultado de imaxes para tomeza

Resultado de imaxes para tomeza

martes, 18 de abril de 2017